Thursday 02 de May de 2024

A Casa do Pescador acollerá mañá o acto en homenaxe aos veciños de Malpica deportados ao campo de concentración de Mauthausen


O evento, organizado polo Concello e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, arrincará ás 20.00 horas coa presentación do libro “Aquela xente digna”.

Ás 21.30 horas terá lugar a inauguración da praca na honra dos tres malpicáns na fachada lateral da Casa do Pescador.

Malpica, 20 de agosto– A Casa do Pescador acollerá mañá, venres 21 de agosto, o acto en homenaxe aos tres veciños deportados ao campo de concentración nazi de Mauthausen: Antonio Suárez Blanco, “Coruña, Luís Rodríguez Villa, “Luís de Rogita”, e Antonio Fariña Chouciño, “Antonio da Rosa”.

O evento, organizado polo Concello de Malpica en colaboración coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, arrincará ás 20.00 horas coa presentación do libro “Aquela xente digna”. A obra está escrita por Héctor Pose e financiada pola Deputación Provincial da Coruña.

Nesta primeira parte intervirán os familiares dos homenaxeados, o autor da obra, Héctor Pose, a representante da Asociación para a Recuperación Memoria Histórica, Carmen G-Rodeja, o presidente da Confraría, Pedro Pérez, o rexedor, Walter Pardo e os concelleiros Alfredo Cañizo e Leticia Varela.

As 21.30 horas terá lugar a inauguración da praca na honra destes tres veciños na fachada lateral da Casa do Pescador. Participará o alcalde, a representante da ARMH e os familiares dos deportados.